Antón Sobral

anton+5+copia[1]

Manuel Bragado sintetiza biograficamente a actividade artística de Antón Sobral nas seguintes palabras: “Antón, felizmente xubilado, tras máis de tres décadas como profesor de arte, é un mestre na difícil arte da vida lenta, do exercicio peripatético que nos fai cidadáns. Sobral é un activista galeguista insubornable, paciente e comprometido con todas as causas da humanidade. Antón é unha persoa positiva, xenerosa, agarimeira, capaz de contaxiar a ilusión necesaria para enfrontarse ás maiores dificultades, quizais porque leva o mar nos seus ollos. Viaxeiro curioso, artista multisoporte, pintor vocacional, fotógrafo, poeta, vídeocreador, melómano, lector apaixonado, ningunha actividade creativa lle resulta allea. Se todo isto non abondase, desenvolve dende mozo unha actividade no asociacionismo cultural e cívico intensa, en todos os eidos da cadea, dende o da creación, pasando pola promoción, ata o da difusión. Un auténtico home cultura, encrucillada de arte e coñecemento.”

No ámbito artístico, desenvolve dende o ano 1968, no que realiza a súa primeira exposición, máis de cen mostras en toda Galicia. Na década dos noventa comeza a realizar mostras en Francia, Alemania, Cuba… países cos que establece un intercambio internacional de artistas dende a presidencia da Asociaciónde Artistas Plásticos de Pontevedra.

Impartiu numerosas conferencias por todo o mundo. Recentemente foi invitado pola galeria Apuntod´fuga de Santiago e pola Universidade Menendez Pelayo na Coruña no Pazo de Mariñán para impartir unha conferencia e un obradoiro sobre arte e natureza.

A partir do 1995, comeza a expoñer fóra de Galicia participando nunha mostra no Kulturmodell en Passau, Alemaña. En 1996 é invitado polo MuseumKlosterAsbach, Alemaña. No 1997 é tamén invitado nos “Rencontres Européennes” en Francia, amosando a súa obra nos Salóns de l´Hôtel de Ville de Allones, e nos Archives Départamentales en Mayenne e no l’EspaceMéduane en Laval e na Chapelle du Genéteil en Chateau-GontierounaMairie&Fetes de Jublais en Francia. No 1998 expón naAkademieder BildendenKüste en Munich en Alemaña. E no 1999 expón no Salón Blanco do Convento de San Francisco de La Habana (Cuba). No ano 2000 expón en Linz (Austria) e Passau (Alemania).

Este mesmo ano abre unha mostra en Milán (Italia). No 2001 inaugurou unha mostra no Instituto Cervantes de Viena. No 2002 foi comisario da mostra “Arquitecturas” onde tamén participa como artista.

Partipa en mostras como Arte palabra pola paz na Sala de exposiciones Fundación Araguaney en Santiago de Compostela. Organiza e participa como artista en Arte en Pontevedra 2 no Pazo de Cultura de Pontevedra. Dirixe varios Encontros de Arte e Natureza durante os últimos quince anos en Forcarei, en Allariz, en Rianxo, en Faro Lariño (Lira), en Solentiname (Nicaragua),na Illa de Arousa, en Camelle e no Castelo de Soutomaior(Arcade). No ano 2003 organiza e participa en Arte Galega. Mostra subasta paraos voluntarios do Prestige no Pazo da Cultura de Pontevedra e A cor do mar nos Soportais da Praza da Verdura en Pontevedra. Nese vran amosa a sua obra na Capela de Santa Ana en Passau, Alemania. Recentemente no vran de 2006 expón no Art Center do Consulado da Republica Bolivariana de Venezuela en Nova YorK.

Recentemente ten amosado a súa obra no Museo do Mar de Vigo. No Pazo de Cultura de Pontevedra organiza a mostra Nova York, Milán, Viena, Pontevedra.

Anuncios

editorial independiente

A %d blogueros les gusta esto: