Julián Rodríguez Novo. Vigo 1979, é licenciado en Filoloxía Hispánica, licenciado en Direción e Dramaturxia pola ESAD, Máster en Artes Escénicas, actor (“Fulano, Mengano y Citano”, “Fura dels baus”, entre outros), autor, produtor e diretor de teatro (“Teatro Lope de Vigo”, “Lambriaka”, entre outros), monologuista, presentador de televisión, asistente a seminarios do Centro Dramático Galego e actualmente está realizando unha tese doutoral sobre o teatro na cidade de Vigo.
Publicou na nosa editorial a obra teatral “Unha morte lanzal. A traxedia do bou Eva”, ambientada na Guerra Civil en Vigo, nun episodio pouco coñecido da nosa historia. Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática 2017 por esta obra.
No libro “Alfa e Omega / Anticristo Superstar” reúnense dúas obras inéditas ata o de agora.